Descripción
Durante o ano 2017 o mundo enteiro conmemora o 200 aniversario do Nacemento de Bahá’u’lláh. Millóns de persoas de tódalas procedencias relixiosas, culturais e étnicas considérano como o precursor dunha nova era na que as tiranías e inxuztizas do pasado serán reemplazadas por un mundo de paz, xustiza e unidade entre as nacións, como resultado do esforzo concertado da humanidade. A Revelación de Bahá’u’lláh sinala a chegada da madurez da humanidade e para acadala basease en principios como: a unicidade da humanidade, a igualdade de home e muller, a integración racial, a xustiza económica, a educación universal, a harmonía entre a ciencia e a relixión, a adopción dun idioma universal auxiliar ou a creación dunha mancomunidade mundial de nacións que manteña a paz mediante o principio de seguridade colectiva, entre outros.